Ads

xoves, 17 de agosto de 2017

Exemplo crear xogo Senku en GDevelop

Exemplo crear xogo Senku en GDevelop



O Senku é un xogo de taboleiro en solitario, o xogador só pode mover unha ficha de cada vez cara a un espazo baleiro saltando por riba doutra. O xogo remata cunha victoria cando só quede unha ficha e estea na posición do medio (D4)




Temos que crear os 33 obxectos cos seus nomes como mostra a imaxe (A3,A4,A5,B3,C1...)

Cada un deles ten tres animacións.
  • Animación0: Branco, representa que a casilla está baleira.
  • Animación1: Azul, a casilla está ocupada por unha ficha.
  • Animación2: Borde azul escuro, a ficha está seleccionada.
Tamén temos dous grupos de obxectos.
  • Grupo "todas": Están metidos os 33 obxectos.
  • Grupo "inicio": Están todos agás o "D4"
A variable "modo" diferencia as diferentes fases polas que pasamos, ten dous valores.
  • "sel_inicio": todas as fichas que quedan están na animación1, non hai ningunha seleccionada.
  • "sel_final": Unha das fichas xa foi seleccionada.


Descarga o exemplo



Ningún comentario:

Publicar un comentario